Lembras?
WIII!!!
Boas!!! Benvidos a miña sección en Galego. Non teño moi claro que é o que farei nesta sección, supoño, que farei un pouco de todo. Non sabía moi ben que facer para a gran estrea pero, xa que para as vacación de nadal tiñamos que escribir un poema, decidín que xa era hora de mostrarvos o meu lado artístico e aquí vos deixo un poema escrito integramente por mín. Non me critiquedes moito por favor. O título do poema é: Lembras? Espero que sea do voso agrado.
e xa non che quede nada polo que vivir
lembra que eu aínda penso en tí
e que non soportaría verte sufrir.
Cando os soños parezan lonxanos
e o medo permaneza xunto a tí
lembra cando me dicías
que te sentías máis valente xunto a mín
Cando o futuro che dé medo
lembra que o pasado tamén cho deu
porque o que tén que ser será
e a mín aínda me importarás
Porque eu aínda penso en tí
e lembro o ben que me facías sentir
lembro cando me dicías
que non eras nada sen mín
Porque cando comezou esta historia
non sabiamos como ía rematar
aínda non o sabemos agora
pero as veces teste que arriscar.
E agora, a frase do día:
Non des a esquecemento da inxuria o rudo encono; desperta do teu sono fogar de Breogán (fragmento do himno galego)
Non des a esquecemento da inxuria o rudo encono; desperta do teu sono fogar de Breogán (fragmento do himno galego)
Lémonos!!!
Moi bonito. Espero que sexa un dez. Bicos
ResponderEliminarGrazas :)
EliminarExtraordinario!!! Engado o teu enlace á nosa páxina. Non teñas vergoña, que tes moito que dicir!
ResponderEliminarMoitas grazas.
ResponderEliminar