miércoles, 23 de diciembre de 2015

Lembras?

WIII!!!
Boas!!! Benvidos a miña sección en Galego. Non teño moi claro que é o que farei nesta sección, supoño, que farei un pouco de todo. Non sabía moi ben que facer para a gran estrea pero, xa que para as vacación de nadal tiñamos que escribir un poema, decidín que xa era hora de mostrarvos o meu lado artístico e aquí vos deixo un poema escrito integramente por mín. Non me critiquedes moito por favor. O título do poema é:  Lembras? Espero que sea do voso agrado.

Cando vexas que o ceo está nubrado,
e xa non che quede nada polo que vivir
lembra que eu aínda penso en tí
e que non soportaría verte sufrir.

Cando os soños parezan lonxanos 
e o medo permaneza xunto a tí
lembra cando me dicías
que te sentías máis valente xunto a mín

Cando o futuro che dé medo
lembra que o pasado tamén cho deu
porque o que tén que ser será
e a mín aínda me importarás

Porque eu aínda penso en tí
e lembro o ben que me facías sentir
lembro cando me dicías 
que non eras nada sen mín

Porque cando comezou esta historia 
non sabiamos como ía rematar
aínda non o sabemos agora
pero as veces teste que arriscar.

E agora, a frase do día:
Non des a esquecemento da inxuria o rudo encono; desperta do teu sono fogar de Breogán (fragmento do himno galego)
Lémonos!!!

4 comentarios: