Día das letras Galegas

Hoxe 17 de Maio de 2016 celebramos o día das letras Galegas e este ano o homenaxeado é Manuel María, velaquí vos deixo un dos sues poemas e ao final da entrada poderedes atopar un poema escrito por mín en homenaxe de Galicia

A fala - Manuel María

O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.


O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!


Disme Galiza- Ana (Eu)

Disme galiza 
e eu penso na terra,
no mar e na marea,
no vento e na lareira.

Disme Galiza
e eu penso na lingua,
na casa, na familia,
na praia e na comida.

Disme Galiza
e penso no cariño,
no amor e  no agarimo
que ti me fas sentir.

Disme Galiza
e penso nas verbenas,
nas festas, nos amigos,
nas fogueiras de San Xoan.

Disme Galiza 
e penso nos refrans,
que todos algún día
chegamos a escoitar

Disme Galiza 
e non sei en que pensar.
Galiza é a miña terra,
Galiza é o meu fogar.

Frase do día: 
"Se buscas a Galicia en tí tes que atopala." (Verso dun poema contido no libro "Os soños na Gaiola" de Manuel María) 

Lémonos!!!

Comentarios

  1. Eu quedome con outra frase do poema: "SE PERDEMOLA FALA NON SEREMOS NINGUÉN" Hoxe mandaronme un correo da xefatura territorial da consellería na que chollo. Coma o día 17 xa pasara e os meus xefes sonche xente fina de carallo, non uns paletiños/galleguistas (que noxo!) de merda, o correo viña en Castelán. AUPA COS QUE DIRIXEN ESTE PAIS!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Deste poema a miña frase favorita é a de: "renunciar ao idioma é ser mudo e morrer". Pareceme que esta frase ten moita razón, xa que se non defendemos o noso non van vir outros a defendelo. Tanto co referente a lingua coma co referente a calquera outra cousa, deberíamos loitar polo que cremos que é xusto.

      Eliminar

Publicar un comentario