Recensión: Cartas de Inverno

WIII!!!
Boas!!! Hoxe imos falar de Cartas de inverno escrito por Agustín Fernández Paz. Comezamos!!

Título: Cartas de inverno
Autor: Agustín Fernández Paz
Editorial: Xerais
Nº de páxinas: 152

Sinopse:
Despois dunha longa estadía en Québec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atopa as cartas que o seu amigo Adrián lle escribira na súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que tal vez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar. A narración está estruturada ó xeito das bonecas rusas: unha voz (en terceira persoa) que dá paso a outra voz (en primeira), que a súa vez dá paso tamén a outra voz (tamén en primeira persoa). E cando esta acaba, unha recuperación escalonada e simétrica das voces anteriores. Cartas de inverno recibiu o Premio Rañolas, ó mellor libro infantil e xuvenil galego do ano 1995

Opinión Persoal:
Non é habitual que me gusten os libros de lectura obrigatoria, pero aquí temos unha rara excepción. Como moi ben explica a Sinopse a estructura aseméllase ó xeito das bonecas rusas, baixo o meu punto de vista isto é o mellor do libro, a estructura. Logo está a forma mediante a que chega a historia ata nós, Adrián mándalle unhas cartas a Xabier, e Xabier mándalle esas cartas e outras, escritas por él, a súa irmá Tareixa. ¿Qué máis? Os debuxos, na historia hai certos elementos de importancia que se reflicten debuxados no papel. Algo interesante para comentar do libro é que hai certos temas que non quedan resoltos de todo, deixando que o lector encha os ocos que o escritor deixou a proposito. Rara vez os libros de xénero "terror" causan impacto na miña forma de percibir o medo, pero recoñezo que este fixome recordar a adrenalina que sentía cando rompía algo dos meus irmáns e fuxía co medo vulindo polo meu corpo. Pareceme moi interesante a razón pola que Adrián volve a Galicia, a morriña. En resume, un libro ameno que está ben narrado e ten unha trama interesente, bastante bó.
Frase do día:
Adiós ríos, adiós fontes, adiós regatos pequenos, adiós vistas dos meus ollos, non sei cando nos veremos. (Rosalia de castro, cantares Gallegos)

Comentarios

  1. Encantame que atoparas un libro en galego que che gustara. É unha pena que non se publique mais, non só orixinais, senón tamén traduccións, porque ler é a única forma de coller vocabulario, ao tempo que o pasas ben. Por exemplo "recensión" é a primeira vez que a oio. Cando a esqueza xa sei onde buscala. Grazas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non é dos meus libros en Galego favoritos pero estivo bastante ben. O meu libro en galego favorito é a filla do ladrón de bicicletas, tamén me gustan moito os megatoxos. Eu lín case todos os libros de Harry Potter en Galego e teño moitas gañas de leer a evolución de Calpurnia Tate (na biblioteca do meu colexio teñen a edición en Galego). Estou dacordo en que conseguir libros en Galego é moi complexo, non sei se recordas cando polo meu aniversario quixechesme agasallar co quinto libro de Harry Potter en Galego e para conseguilo tivemos que pedir que o encargasen (patético) e menos mal que o ercangaron que noutro sitio nin eso farían.

      Eliminar
  2. A mi personalmente no me gusta leer en gallego,pero este libro estuvo bastante bien

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. En comparación con los libros de lectura obligatoria que ya leí, este libro es pura ARTE.

      Eliminar

Publicar un comentario